CONTROL BIOLÓXICO
DE PRAGAS E ENFERMIDADES
Sobre nós
Fauna Útil foi creada no ano 2000 co obxectivo de desenvolver e comercializar produtos biolóxicos para o control de pragas e enfermidades nas producións agrícolas e forestais. co fin de respectar o medio ambiente, obtendo as producións máis naturais posibles co mínimo de residuos, cumprindo a produción integrada e a produción ecolóxica.
Realizamos proxectos propios de investigación ou I+D+i en colaboración con centros de investigación, administracións públicas, empresas do sector, explotacións, comunidades de montes e particulares.
Para levar a cabo o noso obxectivo unimos o capital económico galego, a nosa experiencia e un equipo motivado e formado que garante o futuro deste novo sector.
Descubra máis sobre nós
As nosas actividades
Produción de insectos beneficiosos para o control de pragas forestais
Asesoramento técnico en sanidade vexetal
Produción de plantas ornamentais seleccionadas
Desenvolvemento de novos produtos en colaboración con empresas e centros de investigación
Comprometidos co medio ambiente
- Produtos innovadores e de base natural
- Específico para o uso indicado e sen contraindicacións
- Ecolóxico e libre de residuos perigosos
Os nosos valores
A I+D+i é parte fundamental da empresa para o desenvolvemento de novos produtos e servizos.
A través da instalación de paneis fotovoltaicos de autoconsumo apostamos polas enerxías renovables, o aforro enerxético e a eficiencia.
A empresa aposta polo desenvolvemento local e promove a contratación de traballadores no rural.
Nos últimos anos impulsouse a flexibilidade horaria para favorecer a conciliación laboral e familiar.
Dende a súa creación, a empresa apostou pola integración laboral das persoas con diversidade funcional, facéndoa efectiva dende a súa creación.